Wednesday 08 de May de 2024

Fabiola García asegura que o XV Congreso de Cermis Autonómicos converterá Galicia “no epicentro da atención das persoas con discapacidade”


O evento acollerá os días 17 e 18 charlas e mesas redondas protagonizadas por persoas que contarán as súas historias de superación, profesionais na xestión da atención a persoas con discapacidade e xornalistas especializados

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou que XV Congreso de Cermis Autonómicos, que terá lugar mañá e pasado na cidade da Coruña, converterá Galicia no epicentro da atención das persoas con discapacidade. Fíxoo esta mañá na rolda de prensa da presentación do evento na que participou xunto co presidente do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) de Galicia, Iker Sertucha.

Fabiola García, que gabou o traballo realizado pola entidade a favor dos dereitos das persoas con discapacidade, salientou que é un privilexio acoller en Galicia este evento que reúne a representantes de comités de toda España.

A conselleira de Política Social explicou que a cita servirá para enriquecer aínda máis a sociedade galega, posto que durante os días 17 e 18 realizaranse charlas e mesas redondas nas que participarán desde persoas que contarán a súa historia de vida, profesionais na xestión da atención a persoas con discapacidade, ata xornalistas especializados na materia.

Nesta liña, Fabiola García recordou que o Goberno galego aposta pola coordinación e a colaboración de entidades e administracións públicas para conseguir unha inclusión real na sociedade das persoas con discapacidade. Por iso, animou a todos a achegarse ao XV Congreso de Cermis Autonómicos, que servirá para seguir construíndo unha Galicia baleira de prexuízos e chea de oportunidades.